quarta-feira, 30 de janeiro de 2013

O Venres, 8 de Febreiro de 2013, en Ferrol no "Centro Cultural "Carvalho Calero" do Inferniño, celebrara-se a IV Asemblea do Movemento Social de Ferrol Terra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda

IV Asemblea do Movemento Social de Ferrolterra en apoio de Alternativa Galega de Esquerda.

Unha nova Asemblea Popular, que desta vez se celebrará no Inferniño.

Día: venres, 8 de Febreiro de 2013.
Hora: ás 19:00hs (7 da Tarde).
Lugar: en Ferrol no Centro Cultural "Carvalho Calero" do Inferniño.

Esta é unha Asemblea Aberta a todas as persoas que consideren que a Alternativa Galega de Esquerda é unha expresión política válida, onde o movemento social de Ferrol Terra poda confiar as súas reivindicacións e demandas; para que estas cheguen ao Parlamento Galego.

A Asemblea é un espazo de reflexión e activismo político, fora das estruturas das organizacións políticas, de participación directa da cidadanía e confluencia das distintas opcións e visións que apoian a AGE, na consecución dos seus obxectivos.

Obxectivos da Asemblea: Debater e reflexionar sobre a situación da Comarca, espazos futuros e alternativas. Coñecer a actividade, no Parlamento e na rúa, das  deputadas e deputados de AGE.

Esta é a orde do día que propoñemos:
1.- Elección de dúas persoas, unha compañeira e un compañeiro, que moderen a Asemblea.

2.- Aprobación e/ou Modificación da Orde do Día.

3.- Ferrolterra, estado da situación, conflitos, problemas e alternativas.
Propoñerá-se á Asemblea unha dinámica de grupo para facer posíbel unha posta en común dos problemas que nacen da actual ordenación política, social, económica e do territorio da nosa comarca, para comezar a visualizar, defender e construír as alternativas.

4.- Proposta para facer unha Grande Asemblea-Mitin na Praza do Concello, onde @s deputados@s expuxeran a actividade que están desenvolvendo, tanto na rúa como na sede parlamentaria e os obxectivos a conseguir.

5.- Charla-Coloquio con Yolanda Díaz e Antón Sánchez, membros do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, para que nos expliquen as últimas iniciativas do Grupo Parlamentar e someter-se ás preguntas que houber.

6.- Novas propostas, rogos e preguntas.

7.- Nomear a Comisión de persoas voluntarias para convocar a seguinte Asemblea que tería só por obxecto: acordar día, hora e lugar de celebración, fixar os seus obxectivos  e elaborar a proposta de orde do día.

En Ferrol, a 28 de Xaneiro de 2012

Asinan esta convocatoria:
Rafael Pillado, Suso Pazos, Xesus Manuel Díaz Suárez, Alexandre Carrodeguas, André M. Ces, Bernardo Lorenzo Cuétara, Carlos Varela, César Pena, Daniel A. Martínez, Elena Casal , Inácio M. Orero, Jennyfer Prieto, Manuel A. Rodríguez Carballeira, Lucia Vizoso, Lupe Ces, Marcelo R. Serantes, Mel Sanxoan, Miguel López, Pablo Portero e Paula Meizoso.
...

Manifesto da Asemblea:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com.es/p/manifesto.html

Blogue:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com.es/

Correo-e:
asemblea.apoio.alternativa@gmail.com

Docs:
Bases do Programa Político (Obxectivos)
http://alternativagalega.com/wp-content/uploads/2012/10/Programa-Electoral-da-Alternativa-Galega-de-Esquerda.pdf
Código Ético-Político
http://alternativagalega.com/wp-content/uploads/2012/09/Codigo-etico-Politico.pdf
--

Nenhum comentário:

Postar um comentário