domingo, 10 de fevereiro de 2013

O 8 de Febreiro, tivo lugar en Ferrol, a IV Asemblea Pupular de Apoio a AGE

O pasado Venres, 8 de Febreiro de 2013, tiña lugar a IV Asemblea Pupular de Apoio a AGE. Activista do Movemento Social de Ferrol Terra, reuniron-se en Ferrol, no "Centro Cultural "Carvalho Calero" do Inferniño, para debater e reflexionar sobre a situación da Comarca, espazos futuros e alternativas. Tamén coñeceron a a actividade, no Parlamento Galego e na rúa, das  deputadas e deputados de AGE, coa presencia de Antón Sánchez e Yolanda Díaz. Que tamén se someteron ás preguntas das persoas presentes.

Ao final da Asemblea tomaron-se os seguintes acordos:
1º Acorda-se facer un acto de presentación en Ferrol, do libro "AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda", dos xornalistas Manuel Darriba e Daniel Salgado. Un libro, no que se entrevista a Xosé Manuel Beiras, Yolanda Diaz Perez, Martiño Noriega Sánchez e Xabier Ron sobre a experiencia de AGE, a súa xenese, os contactos, debates, dificultades e logros.

2º Facer unha especie de mitín popular, un encontro das parlamentarias e parlamentarios de AGE coa cidadanía, nunha praza pública.
Unha das peticións que se lle fixeron á parlamentaria e parlamentario de AGE, foi a da loita popular contra o trazado sur do tren a Caneliñas, imposto polo Goberno Español que de facer-se sería destrución d'A Malata e a desaparición dunha parte da Ría de Ferrol. O movimento social opositor ao trazado sur, propoñen que o proxecto de trazado do tren ao Porto Exterior debería ser o trazado norte.

Nos próximos día postaremos unha crónica aproximada do acontecido na Asemblea a xeito orientativo.

***