Unha nova Asemblea Popular, que desta vez se celebrará no Inferniño.
Día: venres, 8 de Febreiro de 2013.
Hora: ás 19:00hs (7 da Tarde).
Lugar: en Ferrol no Centro Cultural "Carvalho Calero" do Inferniño.
Esta é unha Asemblea Aberta a todas as persoas que consideren que a Alternativa Galega de Esquerda é unha expresión política válida, onde o movemento social de Ferrol Terra poda confiar as súas reivindicacións e demandas; para que estas cheguen ao Parlamento Galego.
A Asemblea é un espazo de reflexión e activismo político, fora das estruturas das organizacións políticas, de participación directa da cidadanía e confluencia das distintas opcións e visións que apoian a AGE, na consecución dos seus obxectivos.
Obxectivos da Asemblea: Debater e reflexionar sobre a situación da Comarca, espazos futuros e alternativas. Coñecer a actividade, no Parlamento e na rúa, das deputadas e deputados de AGE.
Esta é a orde do día que propoñemos:
1.- Elección de dúas persoas, unha compañeira e un compañeiro, que moderen a Asemblea.
2.- Aprobación e/ou Modificación da Orde do Día.
3.- Ferrolterra, estado da situación, conflitos, problemas e alternativas.
Propoñerá-se á Asemblea unha dinámica de grupo para facer posíbel unha posta en común dos problemas que nacen da actual ordenación política, social, económica e do territorio da nosa comarca, para comezar a visualizar, defender e construír as alternativas.
4.- Proposta para facer unha Grande Asemblea-Mitin na Praza do Concello, onde @s deputados@s expuxeran a actividade que están desenvolvendo, tanto na rúa como na sede parlamentaria e os obxectivos a conseguir.
5.- Charla-Coloquio con Yolanda Díaz e Antón Sánchez, membros do Grupo Parlamentar da Alternativa Galega de Esquerda, para que nos expliquen as últimas iniciativas do Grupo Parlamentar e someter-se ás preguntas que houber.
6.- Novas propostas, rogos e preguntas.
7.- Nomear a Comisión de persoas voluntarias para convocar a seguinte Asemblea que tería só por obxecto: acordar día, hora e lugar de celebración, fixar os seus obxectivos e elaborar a proposta de orde do día.
En Ferrol, a 28 de Xaneiro de 2012
Asinan esta convocatoria:
Rafael Pillado, Suso Pazos, Xesus Manuel Díaz Suárez, Alexandre Carrodeguas, André M. Ces, Bernardo Lorenzo Cuétara, Carlos Varela, César Pena, Daniel A. Martínez, Elena Casal , Inácio M. Orero, Jennyfer Prieto, Manuel A. Rodríguez Carballeira, Lucia Vizoso, Lupe Ces, Marcelo R. Serantes, Mel Sanxoan, Miguel López, Pablo Portero e Paula Meizoso.
...
Manifesto da Asemblea:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com.es/p/manifesto.html
Blogue:
http://asembleadeferrolterra.blogspot.com.es/
Correo-e:
asemblea.apoio.alternativa@gmail.com
Docs:
Bases do Programa Político (Obxectivos)--
http://alternativagalega.com/wp-content/uploads/2012/10/Programa-Electoral-da-Alternativa-Galega-de-Esquerda.pdf
Código Ético-Político
http://alternativagalega.com/wp-content/uploads/2012/09/Codigo-etico-Politico.pdf
Nenhum comentário:
Postar um comentário